A Asociación de Nais e Pais do Colexio de San Xosé de Campolongo é una asociación sen ánimo de lucro, formada por nais e país de alumn@s do colexio. A nosa función principal é representar ás familias, colaborando para favorecer e mellorar a educación que reciben os nos@s fill@s.
Unha parte da nosa labor, é...
- a organización de numerosas actividades extraescolares,
- a colaboración co colexio en tódolos eventos lúdico-educativos que organice,
- a representación dos país e nais no Consello Escolar,
- a xestión do comedor e plan madruga e fomentar a convivencia entre a comunidade educativa.
Pero somos algo máis que nais e pais comprometidos coa idea de ir mellorando día a día a educación dos nosos fillos, participando na vida escolar e contribuido se cabe aínda máis na calidade da ensinanza do centro.
A ANPA é cauce fundamental de participación dos pais e nais na comunidade escolar. Parécenos imprescindible que todos os que formamos a Comunidade educativa vaiamos da man e na mesma dirección, polo que dende a Asociación se pretende apoiar e colaborar co Centro e o profesorado naquilo que esté dentro das nosas posibilidades.
Co obxectivo de ampliar a nosa oferta consideramos fundamental o voso apoio, suxerencias e participación.