Dende a Asociación de Nais e Pais de Alumnos San Xosé de Campolongo queremos amosarvos un decálogo sobre por qué deberíades formar parte da ANPA.
Facervos socios da ANPA é axudar a manter vivo o obxetivo de velar porque se cumpran as condicións para una educación de calidade (incluíndo accións para reclamar ante os organismos competentes da administración educativa - Xefatura Territorial, Concello, dirección do centro... - unhas instalacións axeitadas e en bo estado.
Ser socio ten as súas vantaxes, entre outras, contaredes con saídas e excursións escolares (programadas polo centro) subvencionadas pola ANPA; descontos nas actividades extraescolares que nos organizamos ou nas organizadas pola FANPA (campamentos, ludotecas de verán...) á que estamos asociados.
Ademáis, ser socio permiteche estar informado sobre a actualidade do colexio e a posibilidade de participar na vida do mesmo é, non menos importante, axudar a manter vivas as actividades que permiten a tan demandada Conciliación Familiar.
10 razóns para ser socio da ANPA.
- Porque a educación dos nosos fillos/as é a nosa responsabilidade.
- Porque dende a nosa ANPA colaborarás mellor coa directiva do centro e o profesorado en pos dunha mellor educación para os nosos cativos.
- Porque dende a nosa ANPA participarás na organización de eventos culturais, festivos e deportivos; así como charlas, convivencias..., amosándolle ós teus fillos e fillas que te preocupas pola súa educación.
- Porque dende a nosa ANPA, podemos solicitar axudas e subvencións, tanto públicas como privadas.
- Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a calidade da ensinanza.
- Porque para realizar a formación activa de nais e pais é preciso UNIR ESFORZOS E IDEAS.
- Porque o importe da CUOTA se recupera co desconto que se aplica nos gastos das actividades extraescolares.
- Porque o importe da CUOTA se recupera co desconto que se obten nas saídas das excursións.
- Porque si as nais e pais non somos activos e participativos, cómo explicarlle ós nosos cativos que deben ser persoas implicadas en unha sociedade onde poden e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro?
- Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida dos nosos fillos e fillas.