XVII Marcha Ciclista / Pedalada 2022

XVII Marcha Ciclista / Pedalada 2022

Trátase dun paseo en bicicleta* polas rúas da cidade, na que participarán nenos e nenas coas súas familias. Non pretende ser unha competición, o seu cometido é pasar unha xornada de convivencia ao aire libre ó tempo que fomentamos o uso da bicicleta, dos patines, patinetes, etc como medio de transporte limpio e sostible.
XVII Marcha Ciclista / Pedalada 2022

Tempo de lectura:

2 minutos

Compartir:

A Anpa San Xosé do Cep Campolongo organiza a XVII MARCHA CICLISTA / PEDALADA 2022

O Domingo día 5 de Xuño de 2022, con motivo do día mundial do medioambiente.

A hora prevista de saída é as 12:00, dende o colexio.

Estará organizada e controlada por membros da Xunta Directiva da Anpa, irá precedida dun vehículo a motor que irá marcando o ritmo da marcha e cerrándoa pretendemos levar unha ambulancia da Cruz Vermella. 

Circularase a velocidade máxima de 20 km/h e terá unha duración aproximada de 30 min.

Percorrido

Saída Colexio Campolongo, Rúa Xeral Rubín, Avda Augusto G. Sanchez, Avda. Eduardo Pondal, Rúa Uxío Novoneira, Rúa Cobian Areal, Rúa Benito Corbal, Praza da Peregrina, Rúa Michelena, Praza de España, Alameda, Rúa Echegaray, Paseo de Colon, San Roque, Rúa do Corpo Santo, Palamios, Avd. Raiña Victoria, Avda. Augusto G. Sanchez, Rúa Xeral Rubín, chegada Colexio Campolongo.

Contamos coa autorización do Concello e colaboración da Policía local, Protección Civil e Cruz Vermella.  

Colaboran cos agasallos

  • Librería Aviones de Papel,
  • FARTO(bicis),
  • BICI O CON,
  • librería d-lectum,
  • Froiz, 
  • Gadis,
  • MOTO BIKE,
  • Deleite,
  • Aire Estilistas.

Participa o clube FSV como clausura da actividade extraescolar de patinaxe.

Se a axenda llo permite, participará o clube Urban Culture Factory, ó cal acuden varios nen@s deste centro a clases de skate.

Obrigatorio levar casco e cumprir as medidas covid que estén vixentes nese momento. 

Ó finalizar o percorrido e xa de novo no colexio, teremos ANIMACIÓN a cargo de Javi Solla e SORTEO de agasallos para os/as nenos/as.

Participarán no sorteo co número de dorsal que lle asignaremos coa inscrición  e levalo posto nun sitio visible.

* Pódese participar con calquer vehículo con rodas sen motor: bicicleta, patíns, patinete, monopatín, silla de rodas, carriño de bebé…

Haberá que pasar pola mesa de inscrición e recoller o dorsal dende as 11:15 para o control de asistentes e á súa vez será o número para o sorteo dos agasallos.

FORMULARIO PEDALADA 2022