Xornadas formativas para nais e pais na Illa de San Simón
PROGRAMACIÓN DA XORNADA:
10:30 Saída do peirao de Cesantes
11:00 Recollida de documentación
11:30 – 13:00 Primeiros auxilios dirixido para atender á infancia
13:00 – 14:00 Educando nunha saúde mental positiva
14:00 – 16:00 Xantar (a cargo da organización)
16:00 – 17:00 O papel dos pais e nais na escola
18:30 Regreso a Cesantes
INSCRICIÓNS:
Do 19 ao 30 de setembro, enviando un correo electrónico a actividades@nontedurmas.org no que deberán anexar os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto, documentación que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA, indicación de se presenta algunha alerxia alimentaria e copia do xustificante de realizar o ingreso de pago.
Non se admitirán solicitudes fora dese tramo nin documentación por separado.
PREZOS:
5€ Socios/as de ANPA federada na FANPA e 10€ para os demais casos.
O pago da cantidade correspondente realizarase no momento da inscrición mediante transferencia bancaria no número de conta: ES75 2080 5403 4130 4012 0558, poñendo como concepto “Nome da persoa participante” e
“Xornadas Formativas”.
Non se contempla a devolución da contía, salvo por causa xustificada e acreditada documentalmente (enfermidade). Aquelas persoas que se ausenten sen xustificación, terán penalización para as vindeiras
actividades.
ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes, a orde de adxudicación será primeiro os socios/as de ANPA Federada na FANPA e despois por orde de inscrición.
A FANPA resérvase o dereito de eliminar a actividade se non se acada o número mínimo de participantes.
Máis información: 986858605