Xornadas e Seminarios: Xerando Convivencia fronte ó Acoso Escolar (Cruz Vermella)

Xornadas e Seminarios: Xerando Convivencia fronte ó Acoso Escolar (Cruz Vermella)

Desde Cruz Vermella Mocidade abren o prazo de inscrición gratuíto do Seminario Xerando Convivencia fronte ao Acoso Escolar, o cal se enmarca dentro do proxecto homónimo financiado polo IRPF a través do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
Xornadas e Seminarios: Xerando Convivencia fronte ó Acoso Escolar (Cruz Vermella)

Tempo de lectura:

1 minuto

Compartir:

Este Seminario ten como obxectivo sensibilizar, informar, e promover recursos e ferramentas para erradicar o acoso escolar a través de profesionais na materia. Por tanto, está dirixido a profesionais do ámbito da educación, a sanidade e o terceiro sector, entre outros. Celebrarase o próximo 27 de outubro de 09:00 a 14:00h no Edificio Castelao (Pontevedra).

Programa do Seminario

09:00-09:30h

Recepción de asistentes, acreditación e entrega de documentación

 

09:30-10:00h

Inauguración e presentación do Seminario

Representante da Xunta de Galicia de Pontevedra / Presidencia Cruz Vermella Pontevedra

Paula Rivarés Almazán, Directora Estatal de Cruz Vermella Mocidade

10:00-11:00h

Saúde emocional na Infancia e adolescencia

Ricardo Fandiño Pascual, Coordinador xeral de ASEIA, psicólogo e psicoterapeuta especialista en adolescentes, novos e familias.

11:00-12:00h

Claves para educar na era dixital

Antonio Rial Boubeta, Director da Unidade de investigación de Psicoloxía do consumidor da USC e membro do Alto Comisionado da UNESCO contra o acoso escolar e director da Unidade.

12:00-12:30h

Descanso e café

 

12:30-14:00h

Prevención, detección e intervención

Carmen Cabestany García, Presidenta de NACE (Non ao acoso escolar)

14:00h

Clausura

Mª Teresa Alvarez Quicler, Presidenta Provincial de Cruz Vermella Pontevedra

 

Toda a información podedes atopala na web de Acoso Escolar de CRJ: 

https://www.cruzrojajuventud.org/acoso-escolar.

Xa están abertas as inscricións a través deste enlace:

Inscrición (Inscrición ata o 25 de Outubro.)