Xornada formativa para nais e pais
PROGRAMACIÓN DA XORNADA:
- 10:30 Saída do peirao do Museo Meirande (Rande)
- 11:00 Recollida de documentación
- 11:30 – 13:30 Primeiros auxilios dirixido para atender á infancia. Charla
- inpartida por Cruz Vermella.
- 13:30 – 14:00 Tempo visita da contorna
- 14:00 – 16:00 Xantar pícnic (a cargo da organización)
- 16:00 – 18:00 Comunicación positiva na familia. Como lle falamos aos menores. Charla impartida por Paula F. Rodríguez. Psicóloga xeral saniraria.
- 18:30 Regreso ao peirao do Museo Meirande (Rande)
INSCRICIÓNS:
Do 10 ao 22 de outubro, enviando un correo electrónico a actividades@nontedurmas.org no que deberán indicar os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto, documentación que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA, indicación de se presenta algunha alerxia alimentaria, e copia do xustificante de realizar o ingreso de pago. Indicar se se acude con menores (poñer as idades e alerxias alimentarias) CONTAMOS CON SERVICIO DE GARDA E CUSTODIA PARA OS MENORES. Indicar no mail se se necesita o servizo e nome e idade dos menores.
Non se admitirán solicitudes fora dese tramo nin documentación por separado.
PREZOS:
5€ Socios/as de ANPA federada na FANPA e 10€ para os demais casos.
O pago da cantidade correspondente realizarase no momento da inscrición mediante transferencia bancaria no número de conta: ES75 2080 5403 4130 4012 0558, poñendo como concepto “Nome da persoa participante” e “Xornadas Formativas”.
Non se contempla a devolución da contía, salvo por causa xustificada e acreditada documentalmente
(enfermidade). Aquelas persoas que se ausenten sen xustificación, terán penalización para as vindeiras
actividades.
ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes, a orde de adxudicación será primeiro os socios/as de ANPA Federada na FANPA e despois por orde de inscrición.
A FANPA resérvase o dereito de eliminar a actividade se non se acada o número mínimo de participantes
Máis información: 986858605