Reserva de plaza en centro docente sostido con fondos públicos.
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de reserva (ED550A) nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A&ano=2022&numpub=1&lang=es
O alumnado de 6º de Educación Primaria pode presentar a solicitude para a reserva de praza no IES adscrito (IES Sánchez Catón) desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.
Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.