PONTE A CONDUCIR 2022 en Poio

PONTE A CONDUCIR 2022 en Poio

Invitámosvos á sétima edición de Ponte a Conducir, un obradoiro de seguridade viaria que a FANPA organiza en colaboración coa Garda Civil de Tráfico, Dirección Xeral de Tráfico, Protección Civil de Pontevedra e Poio, Cruz Vermella, Help Flash, Subdelegación do Goberno, Deputación Provincial, Concello de Poio, así como diversas entidades privadas.
PONTE A CONDUCIR 2022 en Poio

Tempo de lectura:

2 minutos

Compartir:

PÚBLICO: para menores de infantil e primaria (desde 3 a 12 anos). Cada neno/a deberá traer o seu medio de “transporte” e o seu casco correspondente.

O obradoiro celebrarase na seguinte data:

  • Poio: sábado 1 de outubro de 2022 no circuíto de Educación Vial na Seca – Poio.

HORARIO: Todas as actividades comezan ás 10.00 horas. Prégase máxima puntualidade para facilitar os labores organizativos.

Como o ano pasado, os menos e as nenas distribuiranse en grupos segundo a súa idade, e irán rotando polas diferentes actividades que se desenvolverán ao longo da mañá:

  • Circuíto de karts, peóns e ciclistas (educación viaria)
  • Concurso de debuxo sobre educación viaria
  • Obradoiro de primeiros auxilios da Cruz Vermella
  • Exposición de vehículos e medios de atención da Policía Local de Poio, Protección Civil, Cruz Vermella e Garda Civil de Tráfico.
  • Taller de bicis
  • Charlas para todos sobre diferentes temas

As prazas das que dispoñemos son limitadas, polo que se atenderá á orde de inscrición para a participación na xornada.

A inscrición pode facerse tanto presencialmente, na sede da FANPA, como a través do correo electrónico actividades@nontedurmas.org, achegando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos do/a participante
  • Curso escolar
  • Centro educativo ao que pertence
  • ANPA (se é socio)
  • Nome do pai, nai ou titor/a responsable
  • Teléfono de contacto
  • Enderezo

TEMPOS E OBSERVACIÓNS: Os tempos a permanecer en cada aula/obradoiro, serán de aproximadamente 30 minutos. Dado que para o circuíto, a capacidade ideal é de 15 nenos, o resto do grupo permanecerá dentro do circuíto, atendendo as indicacións e ensinanzas da organización.

OUTRAS ACTIVIDADES DENTRO DA XORNADA: Este ano daranse unas charlas para toda a familia (menores e adultos), coa finalidade de ensinar as normas dun patinete eléctrico, suxestións e outros aspectos, así como o uso da luz v16.

CONCURSO DE DEBUXO: Como en anos anteriores, celebraremos o concurso de debuxo sobre un aspecto da seguranza viaria, do que se publicarán detalles en breve.

NORMAS DURANTE A ACTIVIDADE: Todos os participantes deberán estar acompañados dun adulto responsable que permanecerá na zona para as familias. Os participantes deberán seguir as normas que estableza a organización , tanto dentro do circuito como durante a actividade.

Organizadores e colaboradores:

-