Lecer en familia CONTA COMIGO 2023

Lecer en familia CONTA COMIGO 2023

É un programa de lecer e tempo libre dirixido ás familias do concello de Pontevedra. O obxectivo é favorecer a participación familiar, compartan xuntos experiencias e diversión. Os menores deben ir acompañados por un adulto.
Lecer en familia CONTA COMIGO 2023

Tempo de lectura:

1 minuto

Compartir:

PREZOS POR FAMILIA E ACTIVIDADE (ata 5 membros, as 8 sesións):

– Socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: 20€

– Non socios/as de ANPA federada na FANPA: 30€

– Privados, concertados e demáis casos: 50€

O pago será en efectivo no momento da inscrición. A inscrición e o pago faranse no local da FANPA (rúa Xan Guillermo, núm. 9), en horario de 9:00 a 14:00 horas. Non se contempla a devolución da contía, salvo por causa xustificada (enfermidade) e acreditada documentalmente.

PRAZOS DE INSCRICIÓN:

– Do 6 ao 10 de febreiro: para os socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA.

– Do 13 ao 15 de febreiro: para o resto.

DOCUMENTACIÓN:

 – Ficha totalmente cuberta.

– Documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA (en caso de non traelo aplicarase o prazo e prezo de non socios/as).

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de inscrición. De non se cubrir o mínimo de prazas necesario para a realización dalgunha actividade, devolverase o importe íntegro na oficina da FANPA e eliminarase a actividade