Hortachef 2024

Hortachef 2024

Os vindeiros días os nosos rapaces disfrutarán dunhas cornadas gastronómicas grazas á colaboración de importantes cociñeiros. Hortachef para que disfruten os nosos rapaces
Hortachef 2024

Tempo de lectura:

2 minutos

Compartir:

Hortachef

Dende o ANPA San Xosé De Campolongo, e coa colaboración do CEP Campolongo, estamos a organizar este mes de Xuño unhas xornadas gastronómicas con "Chefs" como Francesco Iannelli, Alberto Sobral, Bibiana Cardona  e Gabi, Laura García, Raúl Facciola, Andrés Virgós e Jaime. 

Quenes de forma desinteresada veñen á nosa escola para darlles unha "Clase Maxistral" a todo o alumnado do CEP Campolongo.

 

Comezamos:

 

Mércores 12 con Alberto Sobral do Restaurante "Caralludo By Chuchy" ao alumnado de 5°.

Mércores 12 con Bibiana Cardona e Gabi do Restaurante "5 Puertas"  ao alumnado de 3º curso.

Venres 14 con Laura García do Restaurante "Pontetapas" ao alumnado de 1°.

Venres 14 con  Raúl Facciola do Restaurante "Cre-cotté" ao alumnado de 2º.

Mércores 19 Francesco Ianelli do Restaurante "Il Piccolo" ao alumnado de 4°. 

Mércores 19, Andrés Virgós e Jaime do restaurante "Gumer" ao alumnado de 6°.

Para todo iso necesitamos da colaboración das familias e pedímoslles que manden aos nenos no día que lle corresponda a súa "Clase Maxistral" cun mandil, gorro de cociñeiro e un tupper. 

Nalgúns casos poderáselle pedir algún material máis que seralles avisado canto antes, unha vez teñamos a información para poder transmitila. 

 

Todo isto sempre é de forma voluntaria e coa intención do que o alumnado goce das xornadas cos Chefs da forma máis plena.

 

 

ANPA SAN XOSÉ DE CAMPOLONGO