HORTA CHEF
Dende o ANPA San Xosé De Campolongo, e coa colaboración do CEP Campolongo, estamos a organizar este mes de Xuño unhas xornadas gastronómicas con "Chefs" como Francesco Iannelli, Yayo da Porta, Carlos Barreira, Cristina Doporto, Alexis de Lope, Alberto Sobral e Marcos Romero.
Quenes de forma desinteresada veñen á nosa escola para darlles unha "Clase Maxistral" a todo o alumnado do CEP Campolongo.
Empezamos:
- Luns 12 con Carlos Barreira do Restaurante Bocarte ao alumnado de 1ºcurso.
- Martes 13 con Francesco Iannelli do Restaurante Il Piccolo ao alumnado de 6º curso.
- Mércores 14 con Yayo da Porta do Restaurante Yayo da Porta ao alumnado de 2º curso(*** pendente de confirmar data).
- Xoves 15 con Cristina Doporto e Alexis de Lope da Escola de Hostalería "Carlos Oroza" ao alumnado de 5º.
- Xoves 15 Alberto Sobral do Restaurante "Caralludo By Chuchy" ao alumnado de 4º.
- Luns 19 Marcos Romero do Restaurante "Mar De Fóra" ao alumnado de 3º.
Para todo iso necesitamos da colaboración das familias e pedímoslles que manden aos nenos no día que lle corresponda a súa "Clase Maxistral" cun mandil, gorro de cociñeiro e un táper.
Nalgúns casos poderáselle pedir algún material máis que seralles avisado canto antes, unha vez teñamos a información para poder transmitila.
Todo isto sempre é de forma voluntaria e coa intención do que o alumnado goce das xornadas cos Chefs da forma máis plena.
ANPA SAN XOSÉ DE CAMPOLONGO