Fanpa Nadal 23-24

Fanpa Nadal 23-24

📢 Publicadas as datas de solicitude das Ludotecas e Obradoiros de Nadal da Fanpa. Solicitudes do 11 ó 15 de decembro no mail: ludotecas@nontedurmas.org
Fanpa Nadal 23-24

Tempo de lectura:

2 minutos

Compartir:

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

 

Como as prazas son limitadas, a adxudicación será pola modalidade á que os/as solicitantes pertenzan no caso das ludotecas e por orde de inscrición nos obradoiros. De non se cubrir o mínimo de prazas necesario para a realización dalgunha actividade ou ludoteca, a FANPA poderá eliminala e devolverá o seu importe íntegro na oficina da FANPA.

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN: Do 11 ao 15 de decembro 20223.

 

– LUDONADAL: a inscrición será no correo electrónico de ludotecas@nontedurmas.org, achegando a ficha totalmente cuberta, o xustificante de pagamento e o xustificante de ser socio/a de ANPA federada na FANPA (se é o caso).

O ingreso farase no número de conta de ABANCA:

ES57 2080 5403 4030 4010 2986 (concepto: Nome do/a participante).

 

– OBRADOIROS DE NADAL: A inscrición faranse no local da FANPA , de 10 a 13 horas. O pago será en efectivo ou mediante tarxeta bancaria

Máis info:

 

LUDONADAL (nenos/as de 3 a 12 anos)

 

Lugar de realización: Campolongo e Manuel Vidal Portela.

 

Datas de realización: 22, 26, 27, 28, 29 de decembro 2023 e 2, 3, 4, 5 de xaneiro 2024.

 

Horario: 9:00 – 14:00 horas.

 

Prezo: 25€ socios/as de ANPA federada na FANPA, 30€ non socios/as de ANPA federada na FANPA e 35€ os de privado, concertado e demais casos.

 

OBRADOIROS POR DÍAS:

 

COCIÑA EN NADAL (nenos/as de 5 a 12 anos)

 

Farán unha receita diferente cada día cunha temática navideña.

 

Lugar de realización: FANPA.

 

Datas de realización: 22, 26, 27, 28, 29 de decembro 2023 e 2, 3, 4, 5 de xaneiro 2024.

 

Horarios: 10:30 – 12:00 horas.

 

Prezo por día: 3,5€ socios/as de ANPA federada na FANPA e 6€ non socios/as e demais casos.

 

ADORNOS DE NADAL CON ARXILA (nenos/as de 5 a 12 anos)

 

Elaborarán un adorno artesanal diferente cada día, de distintas cores, formas e tamaños, para decorar o teu nadal.

 

Lugar de realización: FANPA.

 

Datas de realización: 22, 26, 27, 28, 29 de decembro 2023 e 2, 3, 4, 5 de xaneiro 2024.

 

Horario: 12:15 – 13:15 horas.

 

Prezo por día: 3,5€ socios/as de ANPA federada na FANPA e 6€ non socios/as e demais casos