ELECCIÓN AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓN AO CONSELLO ESCOLAR

Eleccións dos representantes de nais, pais e titores legais ao consello escolar.
ELECCIÓN AO CONSELLO ESCOLAR

Tempo de lectura:

1 minuto

Compartir:

A partir de mañá está aberto o prazo para presentar candidaturas ao consello escolar do noso centro. No presente proceso electoral corresponde elixir a 2 pais/nais/tutores legais de alumnos.

As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14h do día 15 de novembro, tras comprobar que están inscritos no censo electoral, conforme resolución do pasado 30 de setembro (as reclamacións ao Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14h do día 14 de novembro). A campaña electoral comprenderá dende o 16 ao 21 de novembro.

As eleccións terán lugar na ZONA ADMINISTRATIVA deste Colexio a finais do mes de novembro (o día 23 de novembro de 9h a 11:30 e de 12:30 a 14h) para que se poidan constituír os novos consellos escolares a finais de mes.

Teñen dereito a voto o pai e a nai, ou o titor e a titora legal dos alumnos.

As persoas elixidas serán nomeadas por un período de 4 cursos.

https://www.nontedurmas.org/.../modelo-de-instancia-para.../