Conciliaverán 2024
Conciliaverán é un programa para facilitar a conciliación laboral e a atención aos fillos que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centos Públicos de Pontevedra, entidade sen ánimo de lucro do sector educativo e membro da comunidade escolar en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos (infantil e primaria) e que cubre todo o período de vacacións escolares, de xuño a setembro.
>> Para Secundaria ofreceremos o campamento deportivo no mes xullo
PRAZOS DE INSCRICIÓN PARA LUDOTECAS DE VERÁN 2024:
- Presencial: no local da FANPA (Xan Guillermo, 9 – Pontevedra): do 20 ao 24 de maio de 9:00
a 14:00 horas. Poranse ordenadores e persoal a disposición para poder realizar a inscrición. - Vía telemática: dende as 9:00 horas do 20 de maio ata ás 1 4:00 horas do 24 de maio.
Non se admitirán solicitudes por correo electrónico nin fóra dese tramo horario.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes fa rase unha baremación cos seguintes criterios:
- Situación escolar:
- Colexio público do concello de Pontevedra (12 puntos).
- Socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA (1 O puntos)
- Situación socio-familiar:
- Alumnos/as empadroados no concello de Pontevedra (6 puntos).
- Dous ou máis fillos/as matriculados na mesma ludoteca e quenda (2 puntos).
- Situación laboral:
- Familia con dous proxenitores en situación laboral activa (20 puntos).
- Familia onde sé un proxenitor estea en situación laboral activa (1 O puntos).
- Familia monoporental en situación laboral activa (20 puntos).
En caso de empate de puntuación, adxudicarase a praza primeiro por socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA, despois por centro público e por último, por orde de inscrición.
O 1 0% das prazas están reservadas a Servizos Sociais do Concello.
- DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE ENTREGAR (entregarase toda xunta):
- Ficha totalmente cuberta.
- Fotocopia DNI do pai/nai/titor/a.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.
- Volante de empadroamento actual.
- Xustificante de pago de conciliaverán/s (non necesario no pago telemático).
- Fotocopia do documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA.
- Fotocopia do documento que acredite ser familia monoparental.
- Documento que acredite onde estuda o neno/a (non necesario para socios/as).
- Vida laboral ou fotocopia da cabeceira da última nómina.
Non se admitirá ningunha matrícula que non teña a documentación completa. Non se aceptará documentación despois de estar feita a matrícula.
Folleto completo en PDF
CONCILIAVERAN-2024-TRIPTICO-COMPLETODescarga
DATAS
- Períodos especiais do 24 ao 28 de xuño e en setembro do 2 ao 6 de setembro só en Campolongo.
- Quendas quincenais de xullo e agosto en Marcos da Portela, Campolongo, Vilaverde, Álvarez Limeses, Manuel Vidal Portela (inglés) e Xunqueira 2 (deportiva, só para primaria).
- Quendas mensuais de xullo e agosto en Cabanas, Ponte Sampaio e Parada-Campañó.
Na Carballeira e Marcón só durante xullo.
HORARIO
A actividade cobre de luns a venres -agás festivos- entre as 9.00 e as 14.00 horas, e dispón de horario ampliado de entrada a partir das 8.30 h e de recollida ata as 14.30 horas, sen custo engadido.
Servizos complementarios: Comedor e Madruga,
*Os prezos destes están pendentes de publicarse na páxina web de nontedurmas.org.
*OS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS tramitaranse directamente coa empresa, no número de teléfono 607634413 ou 986453040, en horario de mañá (9 – 1 4 horas).
LUGARES (centros escolares)
Manuel Vidal Portela (inglés)
Crespo Rivas (anulado por obras)
Xunqueira 2 (actividade deportiva)
CRONOGRAMAS
(pendente)
PREZOS
(por neno e quenda)
– Socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA
– Quincenal 40 €/quincena
– Mensual 65 €/mes
– Especial de xuño e setembro 40 €/semana
– Non socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA
– Quincenal 60 €/quincena
– Mensual 75 €/mes
– Especial xuño e setembro 60 €/semana
– Privados, concertados e demais casos
– Quincenal 75 €/quincena
– Mensual 80 €/mes
– Especial xuño e setembro 75 €/semana
As familias con 2 ou máis fillos matriculados no Conciliaverán terán un desconto de 5€ por neno/a
Ao solicitar ludoteca para 1 mes, nas de período quincenal, cobrarase o prezo das 2 quincenas correspondentes. Nas ludotecas de período mensual, cobrarase o prezo mensual.
Exemplo: Como socio de ANPA solicito todo o mes de agosto en Campolongo? Entón corresponde aboar o custo da 1ª e 2ª quincena dese mes = 40+40 €/mes por ser de períodos quincenais. Se solicito a ludoteca en Xeve entón o custo será de 65 €/mes por ser de quenda mensual.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (comedor e madruga)
Naqueles lugares de realización onde se ofrece. Deberá haber un mínimo de 10 usuarios/as día para o servizo de almorzos e 20 usuarios/as día para servizo de comidas.
Solicitaranse directamente coa empresa Arume, coas mesmas características e condicións que durante o curso escolar.
info@arumeservicios.gal – 607634413
- Madruga, de 7,30 h ata as 9.00 horas e con ou sen almorzo (tamén uso esporádico)
- Comedor, de 14.00 h ata as 16.00 horas e con ou sen almorzo (tamén uso esporádico)
- Uso esporádico: Deberá chamarse á empresa para avisar o día anterior en horario de 9.00 a 14 horas nó móbil 607634413.
Menús e prezos
(pendentes de información)
Documentación para preparar a inscrición presencial
Ficha correctamente cuberta
No caso das solicitudes presenciais en oficina, deberá entregarse toda a documentación xunta e non se admitirá ningunha matrícula que non teña a documentación completa. Non se aceptará documentación despois de estar feita a matrícula. Tanto para a matrícula presencial como telemática.
Copias de :
– DNI da nai/pai/titor
– Tarxeta sanitaria do menor
– Volante de empadroamento (ou conceder permiso á FANPA para consulta directa ao Concello)
- Este certificado é necesario para a inscrición. Se non o ten e non pode obtelo electronicamente, debe indicar que autoriza a que a FANPA faga a consulta no Padrón Municipal. Puntuarase unha vez que fagamos a consulta.
– (Xustificante de pago adiantado polo banco se vai facer inscrición presencial con transferencia bancaria; na inscrición telemática existe a opción de acreditar o pago mediante transferencia ou pago con tarxeta de crédito, neste último caso o pago mediante a pasarela bancaria xa acredita o ingreso por si mesmo)
Número de conta para facer a transferencia
ABANCA:ES75 2080 5403 4130 4012 0558
poñendo como concepto“Nome e apelidos do neno/a” e “conciliaverán e quenda/s na/s que está inscrito/a”
– Acreditación de ser socio de ANPA federada (carné ou recibo)
– Acreditación de ser familia monoparental
– Certificación do centro escolar onde esta matriculado ordinariamente o menor (non é necesario para os socios de ANPA federada)
– Vida laboral ou cabeceira da última nómina
Prazo de presentación de solicitudes de matrícula
– Presencial: no local da FANPA (r/Xan Guillermo, 9 de Pontevedra) do día 20 de maio ao 24 de maio en horario de 9.00 a 14.00 horas. Poranse computadores e persoal a disposición pública para realizar a inscrición.
– Telemática: Cubrindo o formulario en liña no enderezo seguro https://fanpa.gal desde as 9.00 horas do día 20 de maio ata as 14.00 horas do día 24 de maio sen interrupción