Actividades Extraescolares para o curso 23-24

Actividades Extraescolares para o curso 23-24

O comezo será a partir do 02 de Outubro de 2023 e rematarán o 31 de Maio de 2024. Abrirase un período de preinscripción no mes de Xuño para asegurarse a plaza nas actividades desexadas, e finalmente o período de inscrición definitiva dende o venres 1 de Setembro ata o Venres 30, para poder comezar no mes de outubro.
Actividades Extraescolares para o curso 23-24

Tempo de lectura:

2 minutos

Compartir:

As actividades a celebrar no noso colexio serán:

  • Patinaxe en liña (clube FSV), 
  • Fútbol (Salgueriños Club de fútbol), 
  • Taekwondo (Clube Mace sport), 
  • Atletismo (Sociedade Ximnástica de Pontevedra), 
  • Ximnasia rítmica (clube As Triscas), 
  • Baloncesto (clube Baloncesto Estudiantes Pontevedra), 
  • Esgrima (Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra), 
  • Robótica e programación (PLAY CODE ACADEMY)
  • Plástica e debuxo, e teatro (Estudo Bonobo)
  • Debuxo e pintura (Emma)

Ademáis das ofertadas pola empresa ANIAS: 

  • baile,
  • cocina,
  • xadrez,,
  • robótica e programación,
  • informática e programación,
  • debuxo e pintura,

 

A forma de inscrición dependerá de cada clube, polo que os interesados nalgunha actividade deberánse por en contacto con eles (máis información ó final deste texto  pinchando en cada actividade)

Poremos á vosa disposición unhas follas de inscrición xenérica se precisadese unha vez cubertas poderedes facérnosla chegar a través do correo electrónico: sanxosecampolongo@gmail.com ou tamén en formato papel na propia oficina ou no caixón de correo da ANPA (para a actividade de rítmica, patinaxe artístico, judo, baloncesto e esgrima).

A folla de inscrición cubertas das actividades ofertadas pola empresa ANIAS enviaranse a través do correo electrónico: extraescolares@anias.es; persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray nº39 ou no caixón de correo da ANPA.

Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 21 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. Esta comunicación realizarase mediante notificación ó/á monitor/a da actividade e por escrito vía correo electrónico, indicando o nome da actividade, datos do/a neno/a e motivo do cambio ou baixa.

Os grupos de cada actividade manteranse sempre que se acade o número mínimo de alumnos/as por actividade. As empresas resérvanse o dereito de non continuar coa actividade se non se cumpre esta condición

Por outro lado, algunhas das actividades non conta con seguro médico, polo que aconsellamos en caso de querer asegurar ós rapaces durante o desenvolvemento das mesmas, que se contrate o seguro de accidentes que ofertamos tódolos anos ó principio do curso co importe de 6€ por neno ó ano.

Calquera dúbida consultade por favor na nosa oficina ou a través das redes sociais (instagram e facebook).

H

 

Follas de inscripción

Por outra banda queremos agradecer a algúns clubes e empresas que nos queren facer ofertas ou descontos para os nosos socios do Anpa e alumnos do colexio:

- Pontevedra Rugby Club- Urban Culture Factory- CN. Sincronizada de PontevedraA Granxa de Fina