ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024-25
As actividades a celebrar no noso colexio serán:
- Patinaxe en liña (clube FSV),
- Patinaje artístico (CPA Soutomaior)
- Fútbol (Salgueriños Club de fútbol),
- Taekwondo (Clube Mace sport),
- Atletismo (Sociedade Ximnástica de Pontevedra),
- Ximnasia rítmica (clube Pontus Veteris),
- Baloncesto (clube Baloncesto Estudiantes Pontevedra),
- Esgrima (Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra),
- Robótica e programación (PLAY CODE ACADEMY),
- Plástica, debuxo, escultura, música e teatro (Estudo Bonobo)
- Debuxo e pintura (Emma)
- Bádminton (Club bádminton Ravachol Pontevedra)
Ademáis das ofertadas pola empresa ANIAS:
- SKATE,
- Tenis,
- Cociña creativa
- Ciencia divertida
- baile moderno,
- cociña,
- xadrez,
- robótica e programación,
- informática e programación,
- debuxo e pintura,
A forma de inscrición dependerá de cada clube, polo que os interesados nalgunha actividade deberánse por en contacto con eles ou cubrir o seu propio formulario (máis información ao final deste texto pinchando en cada actividade)
Poremos á vosa disposición unhas follas de inscrición xenérica se precisades, e unha vez cubertas poderedes facérnosla chegar a través do correo electrónico: sanxosecampolongo@gmail.com ou tamén en formato papel na propia oficina ou no caixón de correo da ANPA (para a actividade de rítmica, patinaxe artístico, e baloncesto).
A folla de inscrición cubertas das actividades ofertadas pola empresa ANIAS enviaranse a través do correo electrónico: extraescolares@anias.es; persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray nº39 ou no caixón de correo da ANPA.
Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 21 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. Esta comunicación realizarase mediante notificación ó/á monitor/a da actividade e por escrito vía correo electrónico, indicando o nome da actividade, datos do/a neno/a e motivo do cambio ou baixa.
Os grupos de cada actividade manteranse sempre que se acade o número mínimo de alumnos/as por actividade. As empresas resérvanse o dereito de non continuar coa actividade se non se cumpre esta condición.
Por outro lado, algunhas das actividades non conta con seguro médico, polo que aconsellamos en caso de querer asegurar ós rapaces durante o desenvolvemento das mesmas, que se contrate o seguro de accidentes que ofertamos tódolos anos ó principio do curso co importe de 6.50€ por neno ó ano.
Calquera dúbida consultade por favor na nosa oficina ou a través das redes sociais (instagram e facebook).
Follas de inscripción
-
FOLLA XENÉRICA DE INSCRICIÓN (Debuxo con Emma, Rítmica, Baloncesto e Esgrima)
-
XIMNASIA RÍTMICA (CLUB PONTUS VETERIS)
-
BALONCESTO ESTUDIANTES PONTEVEDRA
-
CLUB ESCOLA HÚNGARESA-ESGRIMA PONTEVEDRA
-
CLUB FSV DE PATINAXE EN LIÑA, ficha de inscripción
-
PATINAXE ARTÍSTICO (CPA SOUTOMAIOR)
-
FUTBOL (SALGUEIRIÑOS CLUB DE FÚTBOL)
-
TAEKWONDO (MACE SPORT), inscripción
-
ATLETISMO (SOCIEDADE XIMNÁSTICA DE PONTEVEDRA), ficha de inscripción
-
BÁDMINTON
-
MÚSICA, PLÁSTICA E TEATRO, (BONOBO), ficha de inscripción
-
DEBUXO E PINTURA (EMMA)
-
PLAY CODE ACADEMY, ficha inscripción a través do enlace https://playcodeacademy.com/inscripcion-a-extraescolares/. (Código do noso centro 5340)
-
CALENDARIO ACTIVIDADES ANIAS, FOLLA DE INSCRICIÓN ANIAS
Por outra banda, este ano contamos coa actividade de piscina en:
- Beone (ficha de inscripción) (fecha tope para anotarse o 18 de setembro)
E unha actividades de xadrez online, con xadrez fácil: ficha de inscripción