Comedor e Plan Madruga para o curso 22-23

Comedor e Plan Madruga para o curso 22-23

Neste artigo facemos un amplo resumo das condicións para o comedor e plan madruga do curso 22-23, xa que dita información está repartida en varios artigos na web da FANPA.
Comedor e Plan Madruga para o curso 22-23

Tempo de lectura:

3 minutos

Compartir:

O servizo de comedor e plan madruga é un servizo que trae normalmente moitas preguntas e dúbidas ó longo do ano.

Neste artigo vos presentamos un amplo resumo das condicións, cuotas, normativa...

Contratación

A xestión diaria do servizo de comedro faixe a través da APP Colechef (https://colechef.com/), dispoñible para plataformas Android e iOS.

A app será completamente operativa para facilitar as 24h toda a información e a xestión diaria e personalizada das vosas fillas e fillos no comedor (menús, facturación, contratación,…).

Si é a primeira vez que te rexistras nesta app, precisarás do noso código de colexio: ESKRL0LD10

Para poder facer uso dos servizos é imprescindible estar dado de alta na App Colechef (https://colechef.com/), ata non estar dado de alta non se poderá facer uso dos servizos nin de forma ordinaria nin de forma esporádica.

Video informativo sobre Colechef

Modalidades de contratación dos servizos

  • Fixo: Se necesita o servizo uns días fixos da semana. . Debe contratarse antes do día 25 de cada mes.
  • Calendario de días ou quenda laboral: Se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Debe contratarse antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte.
  • Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe contratarse o día anterior antes das 15:00 h.

Altas, baixas ou modificacións

Petición de alta, baixa ou modificación do servizo (incluíndo o Calendario de días) poderá facerse ata o 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte.

  • Xestión diaria de asistencias extra ou ausencias do servizos prestados: Esta comunicación deberá realizarse antes das 15.00h do día anterior indicando o servizo desexado ou a cancelación.
  • A facturación será por días de asistencia, recollendo o desconto por ausencia notificada antes das 15:00h do día anterior.

Prezos do servizo de comedor e madruga

Detalle dos servizos e prezos  
Comedor 5,08 €
Comedor esporádico 7,09 €
Madruga con almorzo 2,95 €
Madruga con almorzo esporádico 4,49 €
Madruga sen almorzo 2,14 €
Madruga sen almorzo esporádico 3,54 €

O prezo do servizo de comedor está bonificado; a subvención de 0,55 € xa está aplicada a estes prezo para todos os servizos tanto comedor como madruga

Manteranse os descontos nas mesmas condicións que as vixentes ata agora (non acumulables).

  • Segundo irmán (ambos usuarios): 5% dto. en serv. comedor do máis novo.
  • Familia numerosa (3 usuarios): 10% dto. en serv. comedor de todos os irmáns.

Prezos do servizo de comedor e madruga para usuarios esporádicos

Detalle dos servizos e prezos  
Servizo con almorzo 4,49 €
Servizo sen almorzo 3,54 €
Comedor 7,09 €

Todos os prezos son con IVE incluído.

Horario de comedor

ALMORZO COMEDOR RECOLLIDAS (1ª Quenda) RECOLLIDAS (2ª Quenda)
7:30-9:00 14:00-16:30 15:30 a 15:45 16:10 a 16:30

Actualización do protocolo contra a Covid

Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura,Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto da recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023:

  • Ventilación esporádica
  • Manter a hixiene de mans
  • Máscara, obrigatoria só no transporte escolar mentres se manteña como norma xeral
  • Máscara para casos con síntomas, sen illamento
  • Mantense a activación dispoñible dun Equipo Covid nos centros
  • Recomendación de vacinación
  • Convivencia e interacción normal en todos os niveis educativos
  • Comedores, almorzos e merendas xa non é necesario manter a distancia interpersoal, nin organizar os servizos por grupos de convivencia
  • Protocolos de limpeza ordinarios