Actividades Extraescolares para o curso 22-23
O comezo será a partir do 03 de Outubro de 2022 e rematarán o 31 de Maio de 2023. Abrirase un período de preinscripción no mes de Xuño para asegurarse a plaza nas actividades desexadas, e finalmente o período de inscrición definitiva dende o Xoves 8 de Setembro ata o Venres 30, para poder comezar no mes de outubro.

As actividades a celebrar no noso colexio serán:
- Patinaxe en liña (clube FSV),
- Fútbol (Salgueriños Club de fútbol),
- Taekwondo (Clube Mace sport),
- Ximnasia rítmica (clube As Triscas),
- Baloncesto (clube CAB Pontevedra),
- Esgrima con sabres láser (Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra),
- Atletismo (Sociedade Ximnástica de Pontevedra),
- Balonmano (Sociedade Deportiva do Teucro),
- Robótica e programación (PLAY CODE ACADEMY),
- Debuxo, escultura, música e teatro (Estudo Bonobo)
Ademáis das ofertadas pola empresa ANIAS:
- skateboard,
- ballet,
- baile,
- cocina,
- pickleball,
- multideporte,
- xadrez,
- ioga en familia,
- robótica e programación,
- xogos predeportivos,
- informática,
- debuxo e pintura,
- matemáticas recreativas.
Por outra banda, querémosvos informar das seguintes ofertas en actividades extraescolares para socios do ANPA de Campolongo:
- A Granxa de Fina, proponnos un desconto nas clases de equitación, clases por 40€ o mes para ós nosos socios.
- O Club de Waterpolo Pontevedra nos oferta unha semana de proba gratis entrenando co seu equipo ós nenos maiores de 8 anos, equipo masculino, femenino e mixto.
- O clube de tenis DMSport nos oferta a actividade de tenis para os no sos socios Luns ou martes de 16 a 17h por 12€
- Clube natación sincronizada Pontevedra, ofértanos distintos horarios neste mesmo mes de setembro para probar a actividade gratuitamente, e oferta un curso de iniciación á natación sincronizada de dúas horas de duración, un día á semana, por 25 €/mes durante o curso escolar de octubro a Xuño (25 € inscripción).
Forma de inscrición
- A forma de inscrición dependerá de cada clube, polo que os interesados nalgunha actividade deberánse por en contacto con eles (máis información ó final deste texto pinchando en cada actividade)
- Poremos á vosa disposición unhas follas de inscrición xenérica se precisades, e unha vez cubertas poderedes facérnosla chegar a través do correo electrónico: sanxosecampolongo@gmail.com ou tamén en formato papel na propia oficina ou no caixón de correo da ANPA (para a actividade de rítmica, baloncesto e esgrima).
- A folla de inscrición cubertas das actividades ofertadas pola empresa ANIAS enviaranse a través do correo electrónico: extraescolares@anias.es; persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray nº39 ou no caixón de correo da ANPA.
- Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 21 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. Esta comunicación realizarase mediante notificación ó/á monitor/a da actividade e por escrito vía correo electrónico, indicando o nome da actividade, datos do/a neno/a e motivo do cambio ou baixa.
- Os grupos de cada actividade manteranse sempre que se acade o número mínimo de alumnos/as por actividade. As empresas resérvanse o dereito de non continuar coa actividade se non se cumpre esta condición.
Por outro lado, algunhas das actividades non conta con seguro médico, polo que aconsellamos en caso de querer asegurar ós rapaces durante o desenvolvemento das mesmas, que se contrate o seguro de accidentes que ofertamos tódolos anos ó principio do curso.
Calquera dúbida consultade por favor, coma sempre, na nosa oficina.
Horarios
Follas de inscripción
- FOLLA XENÉRICA DE INSCRICIÓN (rítmica, baloncesto e esgrima)
- GIMNASIA RÍTMICA (CLUB AS TRISCAS)
- CAB BALONCESTO
- CLUB ESCOLA HÚNGARESA-ESGRIMA PONTEVEDRA
- CLUB FSV DE PATINAXE EN LIÑA, ficha de inscripción
- FUTBOL (SALGUEIRIÑOS CLUB DE FÚTBOL), ficha de inscripción
- TAEKWONDO (MACE SPORT), ficha de inscripción
- ATLETISMO (SOCIEDADE XIMNÁSTICA DE PONTEVEDRA), ficha de inscripción
- MÚSICA, PLÁSTICA E TEATRO (BONOBO), ficha de inscripción
- PLAY CODE ACADEMY, ficha inscripción
- CALENDARIO ACTIVIDADES ANIAS, FOLLA DE INSCRICIÓN ANIAS
- TENIS (DMSPORT)
- BALONMAN (S.D. TEUCRO)
- A GRANXA DE FINA
- CLUBE NATACIÓN SINCRONIZADA PONTEVEDRA